Wednesday 01 de May de 2024

Os nenos da Escola Deportiva Xuventude Oroso reciben a visita da estrela do fútbol sala Julio César Simonato Cordeiro “Alemao”


 

Os nenos da Escola Deportiva Xuventude Oroso recibiron na noite de onte unha visita sorpresa: Julio César Simonato Cordeiro “Alemao”, unha estrela do fútbol sala e do Lobelle que conta no seu palmarés co Campionato de Europa e o subcampionato do Mundo coa selección española de fútbol sala. Alemao estivo acompañado polo concelleiro de Deportes de Oroso, Luís Rey Villaverde, quen agradeceu que “unha estrela como Alemao dedique parte do seu tempo a fomentar o deporte entre os nosos cativos”.

Os xogadores das distintas categorías da ED Xuventude Oroso disfrutaron coa visita do actual xogador do DINA de Moscú, que está estes días en Galicia recuperándose dunha lesión. Os pequenos aproveitaron a ocasión para preguntarlle polas súas experiencias como xogador nos distintos clubs nos que ten militado, como O Parrulo, o Playas de Castellón, o Autos Lobelle ou o Corinthians (Brasil), entre outros. Así mesmo, todos aproveitaron para sacarse fotos de recordo da visita.